Monday 20 de May de 2024

Iniciados os traballos de renovación da iluminación na N-6 ao seu paso por Bos


· A través desta actuación, que ten un orzamento de 243.000 euros, están a instalarse 47 novos puntos de luz, renovando algúns cadros de mando existentes e desmontando varias luminarias.

O Concello de Bergondo iniciou os traballos para a mellora da iluminación na N-6 ao seu paso polo lugar de Bos, na parroquia de Guísamo. O proxecto, valorado en 243.659,74 euros, finánciase na súa totalidade con fondos municipais a través dun suplemento de crédito.

O obxectivo dos traballos é o de ampliar as luminarias existentes, así como a renovación dos cadros de mando dos que dependen os diferentes circuítos.

Así, están a instalarse 47 novos puntos de luz en columnas de aceiro galvanizado e luminarias LED de 160 W, renovando varios cadros de mando e desmontando algúns puntos de luz existentes, incluídas columnas, sen reposición.